A o bó allo, bó tallo.
A castaña en agosto, quer arder e en setembro beber.
Maceiras na horta, rapaces na porta.
O millo rascado, enche a cesta e o ferrado.
As sandías nin sementadas en abril nin nadas en maio.
A carne, carne cría.
A anguía en empanada e a lamprea escabechada.
Labra feita, bois ó monte.
Ao bó viño no hai mal bebedor.
Despois de San Martiño deixa a auga e bebe o viño.
Beber sen comer cegar e non ver.
Con peras viño bebas.
Tan honrado é o caldo coma as castañas.
O comer e o rañar todo é empezar.
Da man a boca pérdese a sopa.
Poe San Xoán a sardiña molla ó pan.