jueves, 10 de enero de 2013

TED

TÍTULO: Ted
DIRECCIÓN: Seth MacFarlane
ANO DE ESTRENO: 2012
REPARTO: Mark Wahlberg, Mila Kunis, Bretton Manley, Seth MacFarlane, Joel McHale, Giovanni Ribis.
NACIONALIDADE: Estadounidense


                                                     SINOPSE:
A película trata sobre un neno (John) que, por nadal, pide un oso de peluche e máxicamente o oso cobra vida. Pasan os anos e John medrou co seu amigo Ted. Pasábano xenial: facían festas, ían de cena, xogaban... Pero un día  a noiva de John decidiu que el xa era moi maior para ter un oso de peluche entón Ted vaise a vivir só e pasan unha serie de sucesos inesperados para Ted que fan que John o vote de menos...


OPINIÓNS PERSONAIS:

De Silvia: Gustoume bastante a película, porque ríeste moito, e a idea paréceme moi inxeniosa e orixinal, xa que, representa o desexo de moitos nenos, como sería na realidade que se cumplise.

De Maria: É unha película que me gustou moito porque ten moita diversión e ten varias gracias ,pero tamén é moi aventureira cando o raptan e teñen que ir en busca del e ademais é moi triste cando Ted morre.
De Marta: A min gustoume moito a película porque conta unha historia sobre un home que quere seguir sendo neno e sobre un " oso guarroso" que lle da gracia á película.

ESCENA DESTACADA:

De Silvia: A escena que máis me gustou de toda a película, é cando Ted intenta escaparse da casa do seu secuestrador e descúbreo bailando e cantando frente a súa televisión.Foi moi divertida.
De Maria: A escena máis destacada é cando Ted fai unh festa na casa do seu amigo, é moi chistoso.

De Marta: A min impactoume moito o final, cando Ted rompe á metade e "morre a maxia que había dentro del" (pero ao final sálvase e tamén é moi bonita a escena).

 PUNTUACIÓN EN ESTRELAS:

De Silvia: tres estrelas.    * * *
De Maria: catro estrelas. * * * *
De Marta: catro estrelas. * * * * 

                                                       TRAILER: