miércoles, 16 de enero de 2013

PRIMEiRAS MÁQUINAS DE CINE

                                                   ZOOTROPO:
 

O zootropo foi un xoguete óptico moi popular na súa época. Foi inventado por William George Hörner  en 1834 e é coñecido tamén como "tambor máxico". 
Este xoguete  consiste nun tambor cilíndrico ranurado cunha  serie de debuxos impresos que  xiran sobre un eixe .Ao ver os debuxos polas ranuras parece que estos móvense . Diferenciase do praxinoscopio en que non ten espellos; é o antecesor.

UTENSILIOS PARA FACER UN ZOOTROPO CASEIRO
  • 1. Caixa redonda de cartón.
  •  1 caixa de galletas.
  • 1.Embudo.
  • 12 debuxos.
  •   Canicas


     PROCESO


Para que sexa máis vistoso utilízanse movementos cíclicos, como por exemplo unha persoa correndo. Mídese o papel  e o dividimos en 12 partes. en cada unha debuxaremos unha figura da secuencia.Coa medida da tira de papel recortamos a cartulina e lle faremos unhas fendas coincidindo coas separacións das secuencias.
Pegamos a cartulina na tapa, metemos a tira coa secuencia de debuxos e o lapis no fondo para facelo xirar con ao man.

                 

 O PRAXINOSCOPIO


 O praxinoescopio foi inventado por Émili Reynaud  en 1.877. Consiste nun tambor xiratorio cun anel de espellos colocado no centro, e uns debuxos na parede interior do tambor que parecen moverse cando o tambor xira.
O praxinoscopio diferenciase  do zootópo en que ten espellos, e os espectadores miran por encima.
                                                                      MATERAIS
  •  Madeira.                                                  
  •  12  espellos.  
  • 1 barra roscada.
  • 1 candelabro con vela e pantalla.
  • varias torcas e arandelas. 
  • 12 debuxos.
 PROCESO

 En primeiro lugar, faremos con madeira o tambor e o prisma central que soporta os doce espellos ,con unhas medidas opcionais.
Sobre o prisma  central de espellos , colocase un candelabro con vela e pantalla (para poder velo pola noite ou a oscuras).Así o prisma central e o tambor xiran á vez.
Dunha vella lámpada de bronce ou algún obxecto con base plana que soporte o peso,facemos a base. Nela, inserimos unha barra que fai de eixe e soporta o conxunto por medio de roscas e arandelas. Despois, colocamos o tambor,ao que teremos feito un trade central para que rote libremente ,manténdose quieta nas demais partes.
O tambor móvese con manivela aínda que tamén obteremos o mesmo resultado movéndoo coa man.
Quédanos confeccionar unha tira sen fin ,con 12 debuxos correlativos que colocada no tambor ,frente aos espellos,cando xiramos, producirános,ao verse reflectida en eles,a sensación de movemento.

    A CONTINUACION VEREDES UN VIDEO DO PRAXINOSCOPIO

                                                                                         
FENAQUISTISCOPIO
                                          

O  fenaquistiscopio é un xoguete óptico inventado por Joseph-Antoine Ferdinand Plateau en 1832.
Consiste en varios debuxos dun mesmo obxecto e en posicións e movementos diferentes, distribuidos por unha placa circular lisa.Cando esa placa faise xirar fronte a un espello, crease unha imaxe en movemento.

No cine mudo pasábanse 16 imaxes por segundo;As películas actuais proxéctanse a 24 imaxes e mesmo 25 para adactarse mellor á frecuencia da televisión.


UTENSILIOS PARA HACER UN FENAQUISTISCOPIO
    
  • Unha tapa de galletas ou de café ou calquera base dun bote  de pintura.
  • Un lapiz.
  • Cola.
  • Cartulina negra.
  • Unha tira de papel.
  • Un rollo de celo.

AQUÍ TEMOS UN VÍDEO DE COMO FUNCIONA ESTE XOGUETE ÓPTICO

  




AS SOMBRAS  CHINESCAS.

As sombras chinescas son un xogo popular que consiste en facer coas mans figuras entre unha fonte de luz e unha pantalla ou parede, de maneira que a posición e o movemento das mans semellen  distintos seres en movemento.

                     QUE PRECISAS SABER PARA REALIZAR SOMBRAS CHINESCAS.
A continuación bámovos a enseñar como se representan algúns animais.Ponte enfronte dunha parede e dunha luz potente e,a practicar !




AQUÍ MOSTRÁMOVOS UN VÍDEO FEITO COAS MANS.